A Deputación ultima a senda peonil de Centroña, Pontedeume, na que investiu 1,1M€

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Pontedeume e deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, e a deputada responsable da Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañados de concelleiros do goberno municipal eumés e de técnicos do servizo de Vías e Obras da institución provincial supervisaron o remate das obras da nova senda peonil que conecta os núcleos eumeses de Ventosa, Vizus, O Portiño e Centroña, garantindo a seguridade da veciñanza e dos peóns que transitan polas marxes da estrada DP-4803

Formoso destacou que as obras, que dan resposta a unha antiga demanda da veciñanza e do goberno municipal de Bernardo Fernández para mellorar a seguridade peonil na zona, supuxeron un importante investimento de 1.108.202 euros e permiten “dotar de seguridade a un vial moi transitado, con moita intensidade de tráfico, pois conecta os concellos de Miño e Pontedeume pola costa e dá acceso a numerosas praias de ambos municipios”.

O presidente destacou que a nova senda, de 3,1 quilómetros de lonxitude, conecta con outra executada pola Deputación en 2015 no termo municipal de Miño, polo que permite a viandantes e veciños circular a pé con seguridade pola marxe da estrada e “gozar das vistas e dun acceso seguro”.

Pola súa banda, o alcalde de Pontedeume e deputado provincial, Bernardo Fernández, afirmou “cumprimos unha demanda histórica non só dos veciños das parroquias de Centroña e de Boebre, que van a estar conectadas por esta senda, senón de moitos veciños de Pontedeume e xente que nos visita e que circulan por esta estrada para acceder ás praias”

“Con esta obra completamos varios quilómetros de senda que unen os concellos de Pontedeume e Miño e que van a favorecer que moitas persoas se acheguen tamén aquí a pasear e podan gozar destas marabillosas vistas sobre a ría”, afirmou Fernández, que agradeceu “o compromiso do presidente, que se implicou persoalmente para que esta obra sexa por fin unha realidade”

 Próxima renovación do firme da estrada

Bernardo Fernández apuntou que se están a ultimar os derradeiros traballos da obra, entre eles a mellora dos accesos a algunhas fincas colindantes, que se completarán nas vindeiras semanas, e anunciou que xa está en tramite a pavimentación da calzada da DP 4803, “o que suporá unha renovación integral do vial e unha mellora da seguridade tanto para os peóns como para o tráfico rodado”.

 

Lea también

El Cupón de la ONCE dejó a un hostelero de As Pontes los 500.000 euros de su premio mayor

El Cupón Diario de la ONCE ha dejado a un vecino de As Pontes los …