María Isabel Ramos presenta na Biblioteca de Narón o libro “El secreto de Andrea”

 
A escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo presenta este mércores 18 na Biblioteca o seu libro “El secreto de Andrea”, nun acto que dará comezo ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto das citadas instalacións, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.
 
O acto é aberto á participación do público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. O xornalista Xosé Gómez Fandiño acompañará á autora no acto de presentación. O grupo Círculo Rojo edita esta publicación, protagonizada por unha muller, Paula, que vai vivir a unha aldea galega para coidar á súa avoa, deixando o seu traballo como organizadora de eventos.
 
O regreso á aldea de Andrea, unha veciña, fará que regresen ao lugar os segredos e as rencillas a través dunha serie de acontecementos que farán que saian á luz unha serie de segredos e que Paula descubra que a aldea non é o lugar tan apacible que ela pensaba.
 
“El secreto de Andrea” é o segundo libro de María Isabel Ramos, que o pasado ano presentou “Hasta el infinito y más allá”, a súa primeira publicación.
 
As persoas que o desexen poderán adquirir ese mesmo día a nova obra da autora naronesa.

Lea también

Café Quijano actúa en el Auditorio de Ferrol el 17 de abril

El Gobierno local de Ferrol ha aprobado el expediente de contratación del concierto del grupo …