O Esteo sufre unha dura derrota na casa ante o Leis Pontevedra

Héctor ante o Leis Pontevedra | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Dura derrota do O Esteo ante o equipo pontevedrés do Leis 3-5, conxunto que suma o seu primeiro triunfo, co que ambos equipos acumulan un saldo de catro derrotas por unha soa vitoria.

No encontro de hoxe o marcador mantívose igualado 3-3 pero foron os visitantes os que arriscaron máis nos derradeiros instantes marcando dous goles que certificaron o seu primeiro triunfo. Destacar un hat trick de Mitxel.

Queda colista O Esteo empatado a tres puntos con pontevedreses e o Café Candelas O Parrulo «B» visitando a próxima semana a complicada cancha do Guardo.

O Esteo: Xeito, Costi, Sergio, Héctor, Jandro – Jhony, Martin, Juan, Cokito, Pablo, Eloy.

Leis Pontevedra: David, Daniel, Mauro, Mitxel, Adrián – Aarón, Cristian, Hugo, Yeray, Xian.

Goles: 1-0, Costi (10´), 1-1, Mitxel (13´), 1-2, Mitxel (19´). 2-2, Jhony (29´), 2-3, Adrián (30´), 3-3, Jandro (31´), 3-4, Daniel (39´), 3-5, Mitxel.

Incidencias. Amarelas a Sergio, Jandro, Héctor, Martín, Juan, Xeito, David, Hugo, Adrián. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

El Concello de Ferrol declarará de interés municipal las obras de la ciudad deportiva del Racing

El Racing de Ferrol contará con mayor agilidad a la hora de obtener los permisos …