A Deputación da Coruña presenta un Programa sobre segregación ocupacional

A área de Igualdade da Deputación da Coruña desenvolveu, durante o curso académico 2022-2023, o programa coeducativo de «Sensibilización sobre a Segregación Ocupacional por Razón de Xénero no IES Rosalía Mera» co profesorado e o alumnado dos 11 cursos de Formación Profesional deste centro, fortemente masculinizados.

Os obxectivos aos que buscou dar resposta o Programa de Sensibilización sobre a Segregación Ocupacional por Razón de Xénero no IES Rosalía Mera foron: concienciar ao profesorado sobre a importancia da coeducación, familiarizados xunto co alumnado en contidos relacionados coa igualdade de xénero, sensibilizar e dar pautas para as posíbeis formas de violencia machista por medio das novas tecnoloxías e levar a cabo dinámicas para favorecer a convivencia entre os xénero.

Segundo explicou a deputada de igualdade, Soledad Agra, «o que buscamos con este programa foi intervir dun xeito directo tanto co alumnado como co profesorado, coa finalidade de facerlles chegar ferramentas útiles e adaptadas a través das cales reflexionar sobre as desigualdade e inxustizas que seguen a darse e que están vencelladas co sistema sexo- xénero»

O traballo parte da colaboración do profesorado do centro coa área de igualdade da deputación iniciouse cun estudio preliminar en que se recoñecía a realidade do centro, dos resultados obtidos no estudo preliminar e os materiais e ferramentas adaptadas aos mesmos creáronse dúas ferramentas didácticas, coa finalidade que o profesorado as poida empregar ao longo do proceso formativo cos grupos que traballa.

Por un lado temos a guía que se constitúe nunha ferramente práctica para introducir nos proxectos educativos o bo trato contribuíndo a que o alumnado capacidades para a análise crítica da realidade, o diálogo construtivo e a toma de decisións en situacións de conflito.

A segunda destas ferramentas é un micro vídeo para divulgar o programa e sensibilizar sobre esta realidade, co que poder contribuír á concienciación de outros centros educativos. 

Desde a Deputación avanzan que seguirán traballando nesta liña e agardan que este material contribúa a avanzar na mitigación da segregación ocupacional por razón de xénero, tanto no proceso formativo como na inserción laboral, fomentando entre o alumnado relacións interpersoais consensuadas e de bo trato desde a igualdade.

Lea también

El Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia recuerda que el Sistema Verifactu NO es obligatorio

Desde hace semanas, está circulando información errónea sobre el sistema Verifactu, llegando incluso a confundirlo …