Ferreiro asina en Narón dous convenios coa asociación Saùde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

A alcaldesa de Narón asinou  no Concello, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, dous convenios de colaboración co presidente da entidade Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (Afaes-Porta Nova), Félix Pena.

A rexedora local explicou que se trata dun acordo económico e outro para a cesión dun local no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, co fin de desenvolver parte das súas funcións nas citadas instalacións.

A asociación disporá dun despacho no centro Irmás Froilaz un día á semana, os mércores, en horario de 8.00 a 14.00, para realizar entrevistas de orientación laboral a persoas do colectivo co que traballa.

A maiores, poderá tamén facer uso, no caso de haber dispoñibilidade, das aulas do citado centro para levar a cabo obradoiros dirixidos tamén ao colectivo. Ferreiro e Pena rubricaron un acordo económico, por importe de 12.000 euros, en base ao que entre outras propostas se programan obradoiros de lá e costura para persoas con problemas de saúde mental.

O presidente de Afaes agradeceu a colaboración do Concello, mantendo estes acordos que permiten á entidade desenvolver na cidade unha parte moi importante do seu labor.

Pola súa banda, a alcaldesa da cidade aproveitou o acto para felicitar novamente á entidade polo seu labor día a día “cun colectivo, o das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias e coidadores/as, que precisan duns servizos e unha atención moi especializada”.

Coa finalidade de colaborar, Ferreiro comprometeu o apoio do Consistorio coa entidade e recalcou a importancia de “ofrecer información e orientación ao colectivo co que traballades en particular e á cidadanía en xeral co fin de concienciar sobre o dereito á saúde mental de todas as persoas e a unha atención de saúde mental de calidade”

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …