O Concello de Narón procederá a valar este venres 29 a zona do estacionamento de vehículos das instalacións deportivas de Río Seco para realizar tarefas de aglomerado
Así o indicou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, que informou que o peche estará operativo dende o citado venres ás 9.00 horas ata que rematen as tarefas proxectadas e se permita de novo o acceso de vehículos.
Co fin de habilitar un novo espazo para o estacionamento, procederase a cortar ao tráfico rodado un dos carrís da rúa Lagoa Alcaián, que quedará temporalmente, nese mesmo período, con sentido único de circulación dende o estadio ata o polígono das Lagoas, quedando habilitado como zona de aparcamento o marxe dereito.
O edil de Obras solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida, precisa para mellorar a zona de estacionamento do estadio municipal de Río Seco.