Contacontos e dinamización da lectura na biblioteca Xosemaría Perez Parallé de Fene

A compañía Moc Moc MeRe Clown trae este venres 29 á biblioteca municipal de Fene “A verdadeira historia de Hamelín”, función programada pola concellería de Cultura no marco do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia.

O ciclo terá continuidade os días 5 de outubro, con “Toupiciencia”, de A Xanela do Maxín, e o 19 de outubro, co espectáculo “Procúra-se Pepa a Loba”, de Cristina Collazo. Todas as funcións serán no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 18 horas con entrada libre e de balde

O primeiro espectáculo de Ler conta moito 2023 no Concello de Fene promete “bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor”. “A verdadeira historia de Hamelín”, de Moc Moc MeRe Clown é unha adaptación circense do conto clásico “El flautista de Hamelín” no que os espectadores descubrián o que aconteceu en realidade.

A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público, Moc Moc (David Merelas) contará como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que amolan e fan imposible a vida dos seus habitantes”. O espectáculo, recomendado para nenos de 3 a 12 a anos, representarase este xoves 28 de setembro, ás 18 horas. Duración: 45 minutos.

A segunda función que anuncia a Biblioteca Municipal de Fene para este outono será con “Toupiciencia”, de A Xanela do Maxín, o xoves 5 de outubro ás 18 horas. Nela, “a Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.

O ciclo concluirá o xoves 19 de outubro ás 18 horas co espectáculo “Procúra-se Pepa a Loba”, de Cristina Collazo. Nel, “a famosa bandoleira Pepa a Loba percorre os montes galegos sen medo a nada. Ata que alguén lle fala dun cobizado tesouro… Atréveste a procuralo con ela?”. “Procúra-se Pepa a Loba” é unha aventura chea de música, monicreques e intrigantes historias”

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …