A Deputación da Coruña colabora co programa de voluntariado social en países europeos da Fundación Paideia

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia continúan un ano máis impulsando o voluntariado social en países europeos mediante un programa dirixido á mocidade da provincia en situación de desemprego. O ente provincial apoia á entidade a través do financiamento das actividades formativas e informativas do programa.

O presidente provincial, Valentín González Formoso e Sandra Ortega, presidenta da Fundación Paideia Galicia, rubricaron este mércores un convenio, a través do que a Deputación da Coruña achegará 17.000 euros, o 70% do custo total da iniciativa.

Cada ano participan neste voluntariado mozos coruñeses de entre 18 e 30 anos. Neste exercicio, a iniciativa volverá a achegar a 500 mozos a oportunidade de saír ao estranxeiro para un período de voluntariado social que vai de 6 a 12 meses de duración e que contribúe a mellorar as súas competencias persoais e profesionais

O programa consta de tres fases, a primeira delas conformada por actividades formativas e de contextualización que proporcionarán información técnica e práctica previas á saída dos e das participantes.

A segunda, a execución do proxecto e a terceira e última, ao regreso, explicará as posibilidades de proxección no mundo laboral de todos os coñecementos aprendidos durante a experiencia.

“O voluntariado social non só contribúe a abrir novos marcos e perspectivas vitais, senón tamén profesionais”, destacou o presidente provincial, Valentín González Formoso, que tamén sinalou que “con tipo de accións contribúen a adquirir novas competencias en cuestións como os idiomas e a promover unha cultura participativa e solidaria entre a mocidade, o que o converte nunha experiencia única para os e as participantes”, afirmou.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …