Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, insistiu este luns 11 na Xunta de Voceiros celebrada para abordar a situación da rúa San Francisco, na alternativa proposta polo BNG para a conservación e posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados.
O BNG sinala que «tras coñecer o proxecto arqueolóxico comprobouse que a incidencia dos restos non ten continuidade ao longo da rúa e polo tanto a afectación ao ámbito de urbanización non chega ao 10%»
Iván Rivas, portavoz do BNG, insiste en que «por este motivo é razoábel razón, propón desvincular os restos arqueolóxicos do proxecto de urbanización de modo que non condicione a continuidade dos traballos no resto da rúa e así non vexamos perigar o seu financiamento ne a perda dos fondos europeos»
«Así mesmo e dado que será preciso desenvolver unha modificación do proxecto para redefinir o trazado das canalizacións a través da praza Vella e que este debe ser sometido á autorización de patrimonio, propoñemos desenvolver un proxecto de urbanización do espazo anexo aos restos atopados na praza Vella no que se contemple a reordenación do tráfico e a súa conexión coa rúa San Francisco»
Desde o BNG «consideramos unha temeridade cubrir os restos da muralla medieval da cidade cunha capa de formigón para que os coches circulen por riba deles e non aproveitar as oportunidades únicas como esta para poñer en valor o patrimonio da cidade e as súas orixes»