O BNG de Narón presenta unha moción para manter a parada de taxis na escola de Sedes

Olaia Ledo Díaz, portavoz municipal do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Concello de Narón, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en pleno:

«Recentemente vimos de celebrar o centenario da Escola de Sedes con orgullo de contar no noso concello cunha escola unitaria que transmite os principios pedagóxicos referenciais do ensino. Único modelo actualmente no concello de Narón. A día de hoxe este modelo está en perigo, xa que o goberno municipal ven de recortar servizos!

«Desde esta administración, a máis cercana ás familias usuarias, non se mantén un servizo de taxis co que leva funcionando a escola de Sedes desde hai máis dunha década. Esta retirada non foi anunciada no último consello escolar xeral e, ademais, informouse o venres 8 de setembro (comezando aulas o 11 de setembro) ás persoas usuarias do servizo. As familias, desta maneira, atopáronse sen capacidade de resposta a poucos días do inicio do curso escolar 2023/2024»

«Estamos a falar dunha partida para o concello (un servizo de taxis para as crianzas como alternativa de transporte e servizo de conciliación) que non chega ao 0,05% do orzamento municipal. O CRA de Narón cumpre diferentes funcións: un ensino público de calidade; baixa ratio alumno/mestre; evita o desarraigo do alumnado da súa lugar de orixe e pon en valor o rural cun servizo e un dereito fundamental: o
ensino público.» 

«Por todo isto o concello de Narón ten que sentir orgullo de ter unha escola centenaria aberta no rural e facer todo o que estea na súa manpara que continúen as aulas nela»

«Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG somete a debate eaprobación polo Pleno do Concello de Narón o seguinte ACORDO:»

«1º Manter o servizo de taxis como transporte que propicia a conciliación na escola rural de Sedes nas mesmas condicións que no curso 2022/2023»

«2º Dotar a partida necesaria para que este acordo sexa efectivo»

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …