Apertura en Narón do plazo de bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga

As solicitudes no Concello de Narón para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2023 poderán presentarse dende este venres día 1 ata o 20 de setembro deste ano.

As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello, neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas, ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios destas bonificacións.

As persoas que teñan concedida a bonificación do último ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo.

Lea también

Narón recibe do CPR Jorge Juan os carballos plantados polo alumnado de 1º da ESO

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou as instalacións do …