Venres 11 de agosto de 2023
Actividade: Gulliver Fest. Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso) Hora: Apertura da zona camper ás 11.00 e apertura oficial do festival ás 16.00
O Concello organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa asociación FurgoGalicia. Máis de 250 furgonetas participarán neste evento, cunha zona camper na que se instalarán tamén máis de medio cento de tendas para acampar. A programación inclúe música, actividades, obradoiros, charlas viaxeiras, teatro… e está aberta á cidadanía en xeral. O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es.
Sábado 12 de agosto de 2023
Actividade: Gulliver Fest Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso) Hora: Dende as 9.00 e pola tarde a partir das 16.30. O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es
Actividade: “II Torneo Cidade de Narón de mus” Lugar: Hotel Valcarce (polígono de Río do Pozo) Hora: A partir das 10.00
O Concello de Narón e a asociación Musnar organizan esta convocatoria xunto coa Federación Galega de Mus. Participarán xogadores e xogadoras de Galicia e tamén procedentes doutras comunidades.
Domingo 13 de agosto de 2023
Actividade: Gulliver Fest Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso) Hora: A partir das 9.30 e pola tarde dende as 15.00. O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es