A área recreativa de Pedroso en Narón, celebra a cuarta edición do Gulliver Fest

As edís de Festas, Mar Gómez, e Turismo, Natalia Hermida, desprazáronse este luns 24 á zona da área recreativa de Pedroso para presentar xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia, a cuarta edición do Gulliver Fest.

Este festival da cultura viaxeira desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na citada ubiación, ofertando á cidadanía unha ampla variedade de propostas pensadas para todos os públicos, entre elas concertos, obradoiros e as recoñecidas charlas viaxeiras.

O Concello de Narón organiza a convocatoria co Padroado da Cultura e a Asociación FurgoGalicia. O día 11 de agosto ás 10.00 horas abrirase a zona camper de autocaravanas. As persoas que desexen acudir coas súas furgonetas, caravanas e autocaravanas poden reservar praza, capacidade limitada, a través do enlace: https://www.furgogalicia.org/entrada-gulliverfest-2023/ ou da web: www.gulliverfest.es, onde se ofrece toda a información deste evento e tamén se pode asistir en modo glamping.

A apertura oficial do festival será ás 16.00 horas e ás 16.30 comezará un obradoiro de Upcycking para continuar ás 18.00 horas coa primeira charla viaxeira, “Hachiko en ruta”, na que Jorge, un mecánico especialista nómada, contará a súa experiencia de vida dende o ano 2020 nunha Sprinter James Cook transformada por el mesmo a 4×4.

Ás 19.00 horas haberá un obradoiro de bushcraft e ás 22.30 música con DJ Imar. As actividades deseñadas para toda a fin de semana e os concertos son de acceso libre.

O sábado ás 9.00 horas haberá unha carreira de orientación, cun carácter popular e para a que haberá que inscribirse, podendo facelo a través da propia web do festival. Ás 9.30 horas haberá unha sesión de ioga e ás 10.30 hora a segunda charla viaxeira do programa, con Luis Simoes, autor do proxecto World Sketching Tour, iniciado no ano 2012 e que amosa o lado positivo do mundo a través da forma de debuxos e o fogar de aventuras en bicicleta polos cinco continentes de Luis e Anisa.

Seguirá o programa ás 11.15 horas unha nova charla viaxeira, nesa ocasión a cargo de Paula Belenda, que contará como facer unha gran aventura, relatando experiencias propias como mochilera por diferentes países.

A apertura do mercado e a bilioteca dende as 12.00 horas, representacións teatrais, o concerto de SR X e dúas presentacións, unha Campecover e outra de Barvantia, completarán a programación matinal, que se retomará ás 16.30 con novas representacións teatrais e un obradoiro de chapas do Gulliver Fest.

Ás 18.00 horas comezará unha nova charla viaxeira, con Africanlanders, Esteve e Laia que percorreron durante un ano África en 4×4 e transporte público e ofrecerán numerosos consellos de viaxe. Ás 19.00 horas haberá outra charla viaxeira, pendiente de confirmar os ponentes e dende as 20.00 horas actuarán Bulbalkan, Arima Soul, La Duendeneta, e Alademoska.

O último día, o domingo 13 comezará a cita con ioga, ás 9.30 horas unha sesión de iniciación á marcha nórdica para a que tamén se poden inscribir xa as persoas que o desexen a través da web do festival. Ás 10.30 haberá un obradoiro de Luis Simoes e a continuación Leandro Blanco, un nómada que falará precisamente en primeira persoa de como vencer os medos para ser nómada.

A partir das 11.30 horas haberá xogos populares e dende as 14.30 música con Trópico de grelos, Xoubas, La Duendeneta, La Ganga Calé e finalmente ás 19.00 horas pechará o festival La Duendeneta.

Dende o Concello e a Asociación FurgoGalicia destacouse a programación desta edición e animouse á cidadanía de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita, unha das máis consolidadas na cidade e que reúne cada ano a centos de amantes dos viaxes.

“As charlas viaxeiras, a música, as actividades infantís, deportivas e obradoiros compaxínanse á perfección nun espazo natural dos máis prezados da cidade para desfrute de todas as persoas que desexen vivir esta experiencia”, destacaron dende o Concello.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …