A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, anunciou o venres, as delegacións que asumirán os integrantes do grupo de goberno durante o actual mandato.
O concelleiro Manuel Ramos asumirá as áreas de Servizos, Medio Ambiente e Sanidade; Natalia Hermida as de Formación e Turismo; Pablo Mauriz as de Mobilidade, Urbanismo, Obras e Infraestruturas Públicas, Persoal e Recursos Humanos; Ibán Santalla as de Deportes, Mocidade e Lecer; Román Romero as de Facenda e Novas Tecnoloxías; Olga Ameneiro as de Promoción Económica, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Participación Cidadá, Cooperación no Ensino e Bibliotecas; Mar Gómez as de Estatística, Transporte Público, Feiras e Mercados, Ocio e Festexos; José Oreona as de Seguridade Cidadá, Speis e Patrimonio e Bens Inmobles e María del Carmen Lorenzo as de Igualdade, Benestar Social e Política Lingüística.
O edil Manuel Ramos será o primeiro tenente de alcalde e os edís Manuel Ramos, Román Romero, María del Mar Gómez, Olga Ameneiro, María del Carmen Lorenzo e José Oreona integrarán a Xunta de Goberno Local.
No que respecta ás portavocías dos grupos municipais, a de Terra Galega será para Román Romero; a do PP para Germán Castrillón, a do BNG para Olaia Ledo e a do PSOE para Silvia María De Arriba.
Os citados nomeamentos son xa efectivos dende o citado venres