Entrega en Cabanas dos premios do IV Certame de Poesía e Microrrelato

A área de normalización do Concello de Cabanas organiza este venres 9 de xuño ás 18 horas o acto de entrega de premios do IV Certame de Poesía e Microrrelato Concello de Cabanas, que nesta edición contou con 32 participantes de toda Galicia.

Martiño Maseda Lozano (Vilalba, 52 anos), gañou o premio na categoría de poesía adulta coa obra “Lingua que me falas”, mentres que Valería Rodríguez García (Ferrol, 11 anos), impúxose na de poesía xuvenil con “O meu monstro pequeniño”.

No que ten a ver co microrrelato, a obra “Taxi” de Pablo Nogueira Campo (Ourense, 36 anos) foi a gañadora na sección de adultos, mentres que “Nicolasito Sirius” de Ada Sofía Tenreiro Filgueira (Pontedeume, 14 anos) foino na xuvenil.

As persoas gañadoras recibirán como premio unha cesta composta por produtos locais e de proximidade.

Lea también

El concello de Pontedeume dió comienzo a los trabajos de mejora del Cementerio Municipal

El Ayuntamiento de Pontedeume dió comienzo en la semana pasada a los trabajos de mejora …