A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre «Produtos típicos do verán»

A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Produtos típicos do verán”. Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os dereitos da cidadanía nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen. A charla dará comezo este venres día 2, ás 12.30 horas.

As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …