Encontro en Narón da rede de centros de perrucaría e estética fronte á violencia de xénero

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá o vindeiro luns 12 de xuño un encontro da rede de centros de perrrucaría e estética fronte á violencia de xénero.

A concelleira de Igualdade de Narón en funcións, Mar Gómez, indicou que a iniciativa forma parte da campaña “A igualdade polos pelos”, impulsada dende o Concello e na que participan centros de perrucaría e estética do Concello. A convocatoria desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas.

A edil naronesa indicou que este espazo final da campaña “será unha oportunidade para xuntarnos e coñecer ao resto de profesionais da rede, celebrar a realización da campaña e avanzar nos pasos que continuaremos dando nesta área co fin de promover a igualdade real na nosa sociedade”

Dende a organización solicitouse confirmación de asistencia a través do correo electrónico aigualdadepolospelos@gmail.com ou do número de teléfono 604 033 515. Tamén se poden inscribir as persoas interesadas mediante o enlace: https://cutt.ly/Kwq1e4nL

Esta campaña está financiada con fondos do Pacto do Estado, tal como recordou Gómez

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …