28 M en Valdoviño-«A burocracia non debe impedir o desenvolvemento do Plan Xeral de Urbanismo» (André Rodríguez BNG)

N S–Creo que houbo moita incapacidade por parte dos partidos que estiveron no goberno ata o de agora” sinala André Rodríguez, candidato do BNG as eleccións do 28-M polo concello de Valdoviño. Horas antes do peche da campaña  da resposta a preguntas para Galicia Ártabra

N S.-Estrease vostede en política presentándose á alcaldía de Valdoviño . ¿Como está levando la campaña ?

A R.-«É miña primeira vez. Afronto este novo reto con forza e gana de traballar por un concello plural, aberto ás necesidades das veciñas e veciños. Creo que é fundamental ofrecer uns servizos de calidade á veciñanza. A verdade é que a campaña xa se está facendo longa, porque conleva moito traballo, con todo, está sendo moi enriquecedora».

N S.-Moito se fala PXOU , un plan de fai máis de 30 años , que semella haber ficado nun eterno trámite. ¿Cree vostede que esta demora é por problemas burocráticos o por incapacidade política?

A R.-«Creo que houbo moita incapacidade por parte dos partidos que estiveron no goberno ata o de agora, aínda así, a burocracia non axuda. Valdoviño conta cunha situación complexa con respecto á Lei de Costas, a Rede Natura… Pero iso non impide o desenvolvemento dun Plan Xeral de Urbanismo consensuado coa veciñanza que amplie tanto as zonas urbanas coma os núcleos rurais e que sexa harmonioso coa nosa paisaxe e co noso desenvolmento»·.

N S.-Instalaciones en desuso ou infrautilizadas. ¿Ten vostede propostas concretas de ocupación y uso para esos espazos ?

A R.Claro que temos propostas, o espazo dos edificios públicos ten que desfrutalo a veciñanza. O que non pode ser é que haxa asociacións que estean sen local e teñamos instalacións públicas totalmente infrautilizadas. O concello dá clases de ximnasia para maiores no auditorio da Casa da Cultura, polo medio das butacas, é absolutamente vergonzoso. Este goberno ten instalacións deportivas en desuso por mor da súa desidia e despois queren vendernos novos macroproxectos deportivos.
Hai 8 anos que nos din que van poñer en valor as antigas baterías militares de Meirás e seguimos cunhas ruínas cheas de maleza».

N S.-Turismo de calidade , no necesariamente vinculado al Surf . ¿A qué turismo se refire? ¿ pensa vostede que Valdoviño ten unha oferta suficiente para satisfacelo.?

A R.-«Hai oferta, pero non está regulada. Dende o BNG apostamos por un turismo de calidade ligado ao Xeoparque e ao ecosistema da lagoa; un turismo de praia, pero ordenado. Valdoviño ten unha gran potencialidade e debe promover un turismo que deixe beneficios no concello, para iso é preciso que o concello ofreza unhas instalacións e servizos de calidade. E hai algo esencial para o BNG de Valdoviño: que o turismo se adapte á vida da veciñanza; para nós as veciñas e os veciños son o primeiro.

N S.-¿Cal es o prato forte de seu proxecto para Valdoviño ?

N S.Unha modernización do rural. Como galegas e galegos, debemos apostar pola nosa idiosincrasia, Galiza está chea de rueiros de casas, pero é fundamental dotar as zonas rurais dos servizos básicos. A pandemia puxo en valor o rural, xa chegou o tempo de concederlle abastecemento de auga e rede de sumidoiros; hai que dotar as parroquias das necesidades básicas. Cremos que tamén é crucial o asfaltado e limpeza das estradas e beiravías. Entendemos ademais que é primordial que Valdoviño conte cun Centro de día público xestionado pola Consellería de Benestar e que teñamos unha escola infantil que pertenza á Rede de escolas A galiña azul».

Lea también

La obra ‘As Mouras’ en Fene, del pontés Wedo Goás, elegida mejor mural del mundo 2025

 El mural «As Mouras», obra del artista nacido en As Pontes Edgar Goás Blanco (Wedo …