Nova conferencia do programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental no Alto do Castiñeiro

O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental organizado polo Concello de Narón continuará desenvolvéndose este sábado día 27 no salón de actos do Centro cívico do Alto do Castiñeiro a partir das 11.00 horas, coa conferencia “Sexualidade e relación de parellas/vínculos, como afectan á nosa saúde mental”. A encargada de abordar este tema será Martina González, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parellas e especialista en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual, tal e como avanzou o edil de Sanidade, Manuel Ramos.

O concelleiro animou ás veciñas e veciños a acudir a esta nova conferencia do programa “A saúde mental é cousa de todos e todas”, a través do que se programaron na cidade varias ponencias impartidas por expertos nas áreas da psicoloxía, a nutrición e a saúde mental. “Todas as convocatorias programadas tiveron moi boa acollida entre a cidadanía o que constata a importancia de continuar traballando nesta materia e ofrecéndolle á veciñanza información especializada e ferramentas sobre este tipo de doenzas”, apuntou Ramos.

Esta primeira edición do Programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental rematará o vindeiro mes de xuño, tal e como estaba previsto inicialmente.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …