Este sábado en Cabanas haberá monicreques para o público infantil

O Parque do Areal de Cabanas acolle este sábado 20, ás 12 horas unha representación de monicreques, continuando coa programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.

A compañía Fantoches Baj desenvolverá o espectáculo de monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, unha actuación inspirada na obra “Galicia” de Fernández del Riego, autor homenaxeado polas Letras neste 2023.

Lea también

A asemblea do BNG de Cabanas elixe por unanimidade a Iago Varela como candidato á Alcaldía

A formación nacionalista reivindica a súa experiencia, o seu equipo e un proxecto de futuro …