Actos do Días das Letras Galegas na zona norte

 

EN NEDA

O Concello de Neda adiará ata o domingo a conmemoración do Día das Letras Galegas. No marco do programa “En maio, flores e letras” programarase o novo espectáculo para o público infantil de Fantoches Baj, baseado na obra Galicia do autor homenaxeado. “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz” é o título desta proposta, que chegará á Casa da Cultura, o día 21 ás 12 horas, e que combina narración oral e monicreques.

Esta produción de novo cuño de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz.

As entradas poden reservarse, contactando coa Biblioteca Municipal -ata o venres de 9 a 13 e de 16 a 19 horas- a través do teléfono 981 39 02 33.

EN ARES

Luns 22, ás 18.00 horas representarase o espectáculo de monicreques «A Viaxe Feliz de Ramón Sanfiz», a cargo da compañía Fantoches Baj, na Biblioteca Municipal. Está actividade esta dirixida a adultos e nenos a partir dos 6 anos.

EN CABANAS

Sábado 20, a las 12.00 horas  noParque do Areal, a compañía Fantoches Baj ofrecerá o espectáculo de monicreques A viaxe feliz de Ramón Sanfiz.

NO BARQUEIRO-MAÑON

Venres 19, ás 19.00 horas levará a cabo na Biblioteca Municipal a presentación do libro de poemas Enfiando sementimentos, da autora Carmen Penín Fernández.

EN CARIÑO

O Concello de Cariño elaborou unha completa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, adicado a Francisco Fernández del Riego.

Luns, 29 de maio: ‘A igualdade non ten truco’, con Magia en la Manga. Ás 16 horas no IES.

Mércores, 7 de xuño: ‘Feirantes’, de Teatro do Noroeste. Ás 17 horas, dentro dos obradoiros de Envellecemento Activo.

 

Lea también

Neda inicia el proceso para contratar una auditoría de las redes de saneamiento municipales

El Ayuntamiento de Neda ha iniciado los trámites para la contratación de una auditoría de …