Marián Ferreiro compromete avances no plan de humanización de barrios no mitin celebrado en Piñeiros

Avanzar no proxecto de humanización de barrios é un dos compromisos incluídos no programa electoral co que Terra Galega concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Así o anunciou a candidata de TEGA á alcaldía de Náron, Marián Ferreiro, que iniciou este sábado, día 13, ás 21.00 horas na citada parroquia os mítins electorais de campaña.

“A humanización da cidade é un dos camiños nos que queremos seguir avanzando nos vindeiros catro anos, para facer un Narón cada día máis accesible e con máis e mellores servizos para a veciñanza, mellorando a accesibilidade, creando plataformas únicas e novos espazos destinados a estacionamentos de proximidade e incrementando a seguridade viaria”, destacou. No mitin celebrado este sábado en Piñeiros a candidata de Terra Galega estivo acompañada por integrantes da súa candidatura, entre eles Bruno González e Lucía González, da parroquia de Piñeiros.

«A esas melloras contribuirán tamén outras propostas como a instalación dunha rede semafórica intelixente que nos permita dotar de maior fluidez ao tráfico rodado e, ao mesmo tempo, reducir ruídos e emisións contaminates. A implantación dunha rede de recarga de vehículos eléctricos, e a creación dunha rede de quioscos que dean servizo a zonas de tránsito e lecer forman tamén parte das propostas incluídas no programa de Terra Galega», tal e como avanzou a alcaldesa da cidade.

A nova área de ocio concíbese como un espazo duns 5.000 metros cadrados, ubicados nas inmediacións da residencia de maiores da parroquia e da nova senda peonil e ciclista habilitada na zona. “Contará cun novo parque infantil integrado no entorno, unha tirolina e tamén con mesas e bancos de madeira e outro tipo de mobiliario urbán para o desfrute de toda a cidadanía”, avanzou Ferreiro.

Así mesmo, Marián Ferreiro explicou que no proxecto electoral de TEGA tamén se contemplan actuacións en materia deportiva, concretamente con intervencións como a habilitación de bancadas no campo do Cadaval. “Continuaremos apostando polo deporte, coa mellora de instalacións deportivas, a construción doutras novas e tamén crearemos con fondos propios bolsas para deportistas”, apuntou.

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …