O BNG de Narón reclama máis prazas para os campamentos de verán

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa que «no ano 2022 o Concello de Narón presentou 100 prazas para os campamentos municipais infantís ao que se lle sumaría os campamentos ofertados polo Padroado da Cultura. A sorpresa este ano é que non ofertan desde o Padroado da Cultura e as prazas do concello reducíronse a 79 prazas (9 reservadas para nenos con discapacidade)»

“Que anuncien os campamentos e que haxa menos prazas que o ano anterior non podemos comprendelo. En Narón temos unha poboación nova e conciliar é cada vez máis difícil cando rematan cursos as nosas crianzas. O octavo orzamento deste país, que é Narón, ten que dar exemplo e prestar os servizos que a cidadanía precisa” incide Olaia Ledo, candidata do BNG á alcaldía de Narón.

Adxúntase o audio de Olaia Ledo

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …