A festa dos Maios organizada polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa celebrarase o sábado 6 de maio

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e Maribel Mouriz, María José Yáñez e Abel González –vicepresidenta, tesoureira e integrante respectivamente- da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, presentaron ésta mañá a programación da festividade dos Maios, que terá lugar este sábado, día 6 de maio.

Ferreiro destacou o traballo realizado dende Areosa para poder desenvolver un ano máis este evento festivo e tamén agradeceu “a implicación das veciñas e veciños e dos escolares da cidade que cada ano elaboran maios que se poderán ver o sábado na Praza de Galicia». A programación comezará ás 11.00 horas na Praza de Galicia, donde como cada ano se elaborará unha gran alfombra floral cun deseño do artista naronés Leandro Lamas e cunhas dimensións de dez metros de alto por dez de ancho. Na decoración da mesma, unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.

Así mesmo, tamén pola mañá e na Praza de Galicia, haberá un obradoiro de arte floral, no que se amosará como se realizou o traballo realizado nos organizados dende o Padroado da Cultura. Ás 16.30 horas será a concentración dos Maios nas inmediacións do Centro Cívico Social de Piñeiros, dende onde partirán ás 17.00 horas en comitiva cara á praza de Galicia. Unha vez cheguen a esta última localización, sobre as 18.00 horas, terá lugar a recepción oficial, con música tradicional a cargo dos grupos do Padroado da Cultura.

Haberá tamén na praza unha Mostra de Arte floral, cos Maios realizados tanto nas entidades veciñais como nos centros de ensino, nos que o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria participou nos obradoiros impulsados cada ano dende o Padroado.

Desde o Concello de Narón solicítanse desculpas polas molestias que poida ocasionar ao tráfico rodado o desfile previsto o sábado por un tramo da estrada de Castela –de Piñeiros ata a Praza de Galicia-. A alcaldesa e os integrantes da Sociedade Cultural Areosa animaron ás veciñas e veciños a festexar un ano máis a chegada da primavera con esta celebración e desfrutar dunha xornada con carácter interxeracional, moi participativa e cun marcado carácter tradicional.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …