Admitidas en Narón todas as solicitudes de praza presentadas para as tres escolas infantís

A concelleira de Ensino do Concello de Narón, Mercedes Taibo, informou que todas as familias que solicitaron no período estipulado praza para o vindeiro curso 2023-2024 nas tres escolas infantís municipais da cidade obtivérona.

A edil naronesa indicou que tanto na franxa de 0 a 1 anos como na de 2 a 3 hai aínda prazas nas escolas infantís da Gándara, A Solaina e Piñeiros, se ben se esgotaron as da franxa correspondente a 1-2 anos.

Así mesmo, as familias interesadas no horario de tarde poden solicitar aínda praza na escola infantil municipal da Gándara, que ofrece o servizo de 15.30 a 19.30 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como recordou.

Neste caso as matrículas poden tramitarse a través do Rexistro municipal de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas. A través da web municipal buscocole.naron.es as familias dispoñen de completa información e orientación sobre os centros de ensino da cidade.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …