Narón organiza a sesión «Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción»

O salón de actos do IES As Telleiras acollerá o vindeiro martes día 25 de abril , unha sesión dirixida a familias na que se abordará o tema “Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción”. A concelleira de Ensino do Concello de Narón , Mercedes Taibo, indicou que a iniciativa se enmarca no programa municipal de Prevención de ludopatías en menores que se desenvolve cos centros de ensino da cidade. “É unha proposta máis encamiñada a dotar aos menores da cidade e ás súas familias dunha serie de ferramentas que lles permitan evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías”.

Taibo explicou que poden asistir á convocatoria, que dará comezo ás 16.30 e rematará sobre as 18.00 horas, as familias que o desexen. Durante este tempo, apuntou, crearase “un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía”; e  informou que co obxectivo de facilitar a asistencia, organizouse un servizo de conciliación que estará operativo no horario da citada sesión. Todas aquelas persoas interesadas en facer uso deste servizo deben solicitalo a través dos números de teléfono 722 405 724 ou 639 099 457.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …