A concelleira de Ensino de Narón , Mercedes Taibo, informou que uns 700 escolares de sete centros de ensino da cidade participaron esta semana no “XXXII Certame Intercentros Concello de Narón”. O alumnado deu a coñecer os traballos realizados nas diferentes áreas: canción, poema, teatro, contacontos… no Pazo da Cultura, onde permanece exposta, ata o 11 de maio, unha parte dos traballos presentados a este certame.
O CEIP Plurilingüe Virxe do Mar coordinou co Concello de Narón a organización deste evento, no que participaron tamén os colexios Ponte de Xuvia, CRA de Narón, A Solaina, O Feal, Piñeiros e o IES Terra de Trasancos. Alumnado de infantil, primaria e secundaria participo una convocatoria, que se clausurará o 11 de maio coa tradicional entrega de premios no Pazo da Cultura.
“A finalidade deste certame, organizado con motivo da celebración en maio do Día das Letras Galegas, é fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, poñendo en valor a nosa cultura”, asegurou Taibo. A edil naronesa felicitou ao alumnado dos centros que realzou os traballos nas diferentes modalidades: murais, expresión oral, canción en galego, conto ilustrado, comic, teatro escrito, audiovisual, narrativa, poesía e reportaxe xornalística e destacou o labor do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar na coorganización do evento e tamén na elaboración do cartel que este ano anunciou o certame.