O contacontos para público adulto «Murmuraban as miñas veciñas» na Biblioteca de Narón

A Biblioteca municipal de Narón acollerá este venres, día 21 de abril , unha sesión de contacontos dirixida a público adulto. “Murmuraban as miñas veciñas” é o título desta proposta, pensada para maiores de 14 anos, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo.

As persoas interesadas en asistir poderán facelo sen inscribirse previamente, estando limitada a participación á capacidade da sala. O contacontos, a cargo de Dani Blanco, da compañía AsSircópatas, dará comezo ás 19.30 horas.

Esta actividade, tal e como indicou Taibo, enmárcase na programación deseñada este mes con motivo de “O mes do libro”. “Un conto nunca se conta igual dúas veces, o contexto e a memoria vaino alimentando. Esta escolma de contos funciona coma un álbum de fotografías que serve para lembrar como foi a vida de catro mulleres bravas de Cangas do Morrazo”. Así describen dende a compañía esta actividade.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …