A Alcaldesa Marián Ferreiro presidiu un pleno do Consello de Participación Infantil de Narón

A alcaldesa da Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha sesión extraordinaria do Consello de Participación Infantil do Concello no que participou alumnado dos centros de ensino Ayala, A Gándara, Jorge Juan, Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina e Virxe do Mar. En representación do Consistorio estiveron tamén presentes na convocatoria o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, os responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, e o secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado.

Os sextos cursos de Primaria dos diferentes centros presentaron á alcaldesa unha serie de propostas para levar a cabo na cidade de Narón: As comunicacións por autobús e tren na cidade, as zonas de estacionamento, a participación do profesorado e o resto de persoal dos centros nos Camiños Escolares Seguros, así como a instalación de puntos de control ao longo do camiño para acceder a máis premios, o aumento de pegadas por realizar novas accións no programa, a colocación de sinalización en linguaxe braille nos colectores de lixo, a instalación de xogos nos semáforos, a colocación de carteis advertindo da obrigatoriedade de que os donos de mascotas recollan os seus excrementos na rúa, a colocación de fontes de usos múltiples e a creación dunha canción rap sobre o Camiño Escolar formaron parte das propostas plantexadas.

O alumnado defendeu cada unha destas propostas e intercambiaron opinións coa rexedora local, que os felicitou “polo excelente traballo que realizastes ata chegar a este pleno, presentándonos unhas propostas que son moi interesantes e que están moi ben artelladas e defendidas pola vosa parte”. A alcaldesa respostou a cada unha das iniciativas que, acompañadas dunha presentación e incluso de maquetas ou de orzamentos sobre o custe das mesmas, expuxo o alumnado, indicando cales das propostas eran máis viables e se poderían executar, comprometéndose a colaborar na medida do posible.

Ao remate do pleno, os escolares recibiron un certificado por colexio en agradecemento á súa participación neste Consello dede Participación Infantil.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …