O pavillón Campo da Serra acollerá a segunda edición da Feira Captación do Talento

A edil de Feiras, Natalia Hermida, presentou a segunda edición da Feira de Captación do Talento organizada polo Concello de Narón. O evento desenvolverase os días 28 e 29 de abril nas instalacións do pavillón Campo da Serra, e reunirá a preto de veinte e cinco empresas, entidades e institutos da zona, tal e como avanzou. Nas dúas xornadas poderase asistir en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, con entrada de balde.

“Representantes de empresas que participan nesta feira informarán sobre ofertas de traballo que se ofrecen na zona, as liñas cara onde se dirixe na actualidade o mercado laboral…”, explicou a edil. Na xornada do venres terán lugar a partir das 11.00 horas as intervencións de persoal de Navantia, da Armada, da Universidade de Ferrol e ás 12.30 horas dará comezo a conferencia de Jaime Alguersuari, expiloto de automovilismo que falará sobre retos, traballo en equipo, etc. O venres pola tarde, a partir das 16.00 horas sucederanse charlas a cargo de persoal da empresa Agroflor e da Confraría de Barallobre, entre outras.

Na xornada do sábado a feira reabrirá ás 11.00, cunha charla a cargo da Asociación de Jóvenes Empresarios, á que sucederán as de Academia Postal e, ás 12.00 horas unha conferencia de Emilio Duró, empresario licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Barcelona e pola Escola Superior de Dirección e Administración de Empresas que abordará entre outros temas como afrontar os problemas, actitude antes os mesmos…. Xa pola tarde, dende as 16.00 horas, terán lugar as charlas impartidas por persoal das empresas ElectroRayma, J. Rilo, e da asociación Mulleres Ártabras e a Asociación de Comerciantes de Narón.

A concelleira de Feiras animou ás veciñas e veciños da cidade, e tamén doutros concellos, a acudir a esta feira. “É unha convocatoria dirixida á cidadanía en xeral, a persoas de todas as idades, que terán a oportunidade de coñecer da man de profesionais en diferentes sectores a situación actual do mercado laboral e tamén como traballar coa administración, no caso de autónomos e pemes”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …