Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará os días 24 e 25 de abril en Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o  luns e martes, días 24 e 25 de abril, na cidade de Narón.

O vehículo permanecerá operativo de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do centro de saúde. Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.

Lea también

Tres trabajadores de un taller mecánico resultaron intoxicados, en Xuvia, Narón

Sobre el propietario del taller había una orden de búsqueda y captura, por reclamación judicial. …