O censo para as municipais poderá consultarse en Narón a partir do luns 10 de abril

O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio permanecerá a exposición pública dende o vindeiro luns día 10, ata o 17 de abril (incluído) no edificio do  Concello, tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez.

A consulta pode realizarse nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, na Coruña. Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, realizar reclamacións ao censo.

Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de contacto e horario do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén o número de fax: 981 206 235.

Lea también

O Jazz de Ría trae a Narón a homenaxe a Miles Davis polo centenario do trompetista estadounidense

O venres 14 de agosto o Pazo da Cultura acolle o concerto de Ensemble 100xMILES, …