Corte do subministro eléctrico en rúas do polígono de Río do Pozo o mércores 29.

O Grupo Naturgy comunicou ao Concello de Narón que este mércores, día 29 de marzo, deixará fóra de servizo de 9.00 a 12.00 horas unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas Afiadores e Toneleiros, no polígono de Río do Pozo.

A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, leva á empresa a realizar ese corte no subministro. Dende a compañía solicitaron desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …