Unha unidade móbil para las ITV agrícolas desprazarase en abril a Pedroso e O Val.

Unha das unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase á zona rural de Narón dous días do vindeiro mes de abril. A unidade ubicarase na zona do campo da festa de Pedroso o 11 de abril, onde permanecerá operativa en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas.

A unidade móbil regresará á cidade, concretamente á parroquia do Val, o martes 12. Estará operativa na zona do estacionamento da Cooperativa do Val pola mañá e pola tarde, dende as 9.00 ata as 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

As persoas interesadas en acudir poden solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com

Lea también

Marián Ferreiro reafirmou o compromiso de Terra Galega con Narón na Festa do río celebrada en Pedroso

Algo máis de medio milleiro de persoas participaron este domingo na Festa do río de …