Charla de Mariano Llorente, director da compañía Micomicón no pazo da Cultura de Narón.

O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o xoves 23 de marzo unha nova proposta do “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”. Así o indicou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que recordou que o director da compañía Micomicón Teatro, Mariano Llorente, será oencargado de falar aos asistentes sobre “O teatro que non quere esquecer”.

A cita, aberta á cidadanía en xeral, dará comezo ás 19.00 horas. Mariano Llorente é actor, director e dramaturgo, cunha dilatada traxectoria profesional que inclúe a de ser tamén socio cofundador dende 1992 da compañía Micomicón, unha referencia a nivel nacional e internacional.

Os dereitos humanos, a historia recente de España e a secuela traumática que arrastra son, segundo a compañía, os puntos nos que se centrou o seutraballo. “Vidas enterradas”, sobre a vida e morte de persoas asasinadas na Guerra Civil e as fosas silenciadas do franquismo, “Los niños perdidos”, sobre os menores mortos ou desaparecidos en cárceres, trens ou albergues relixiosos ou do auxilio social… forman parte dos seus espectáculos, unha trintena que traspasaron as nosas fronteiras e se puideron ver tamén noutros
países de Europa e América.

Lea también

Odeón-Narón enciende este sábado 23 su decoración navideña

El Centro Comercial Odeón encenderá hoy sábado su decoración navideña a partir de las 19:00 …