A alcaldesa de Narón recibiu a representantes da nova asociación Mulleres Ártabras

A alcaldesa de Narón , Marián Ferreiro, reuniuse con representantes da asociación Mulleres Ártabras, presidida por Marga Carballo e integrada por varias empresarias de Narón e comarca. Ferreiro conversou coas mulleres sobre diferentes asuntos relacionados co sector e felicitounas pola súa aposta por visibilizar o emprendemento na comarca.

Unha trintena de mulleres forman parte desta nova entidade, aberta á integración de máis persoas de Ferrolterra e que conta con redes sociais propias, en Facebook e Instagram. Avogadas, responsables de academias, clínicas dentais, centros de ioga, tendas de agasallos… forman parte de Mulleres Ártabras, defensoras todas elas da comarca e do futuro da mesma. Ferreiro recoñeceu “o valor de tomar a decisión de dar un paso á fronte e abrir un negocio propio nuns tempos que non son sinxelos” e destacou a aposta do colectivo que integra a nova entidade polo futuro de Ferrolterra.

“Sodes un exemplo e merecedes todo o éxito nos vosos respectivos negocios”, asegurou a alcaldesa, que lles recalcou que “as portas deste concello están abertas para colaborar con vós, na medida das nosas posibilidades, en iniciativas encamiñadas a apoiar a esta nova asociación, á que desexo que se unan moitas máis mulleres”.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …