TEGA resposta ás declaracións do PP sobre o Muíño de Xuvia.

Muiño de Xuvia

O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, saíu ao paso das declaración realizadas polo PP de Narón e asegurou que “os traballos executados no muíño responden ao proxecto deseñado inicialmente polo Concello e permiten o correcto funcionamento das moendas, tal e como se recolle no mesmo e como se constatou cun vídeo que pudieron ver os portavoces municipais na visita realizada á construción tralo remate dos traballos”.

O edil lamentou “o absoluto descoñecemento dos populares naroneses das actuacións acometidas e en marcha na cidade”, ao tempo que incidiu en que “non está cerrado por un proxecto incompleto, senón que está actualmente na fase do segundo dos proxectos en marcha, o de musealización das instalacións que require duns traballos tanto no interior do muíño como fóra, como é o caso das maquetas contempladas no mesmo e outro material que se está realizando”.

Mauriz asegurou que “os traballos que permitirán a apertura ao público desta construción continúan en marcha e tamén os trámites oportunos para que se leven a cabo as actuacións que sexan necesarias”. É lamentable que un candidato á alcaldía da cidade se permita falar con absoluto descoñecemento de calquera tema, sobre o que non amosa o máis mínimo interese no Concello, porque podería saber que o muíño se abrirá a visitas guiadas antes de proceder ao inicio da musealización para que as veciñas e veciños que o desexen poidan ver o excelente resultado da rehabilitación desta construción”, recalcou.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …