A Asociación Áurega e o Concello de Narón promoven «Ciencia na Rúa»

O Concello de Narón colabora coa asociación Áurega (Asociación de familias de nenos con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) na organización da actividade “Ciencia na rúa”, enmarcada no programa de actos do Día Internacional das Mulleres.

A edil de Igualdade, Mar Gómez, indicou que a cita terá lugar a o sábado 18 de marzo, a partir das 17.00 horas na praza da Gándara e avanzou que no caso de choiva se trasladará ao pavillón da Mocidade, tamén na Gándara. Este evento de divulgación, baixo o lema “Día da Muller e a nena na ciencia”, permitirá aos asistentes profundizar no importante papel que xogaron na ciencia recoñecidas mulleres. Robótica educativa, drons terrestres, proxectos Steam (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) e experimentos. Todos os obradoiros excepto o de robótica serán de participación libre, se ben no citado haberá que inscribirse –de balde- previamente antes da realización do evento o propio día.

Obradoiros de física e química, de catapultas, drons, e unha exposición de First Lego League completan un programa a través do que se explicarán fenómenos do día a día e tamén outros curiosos, iniciando aos participantes en conceptos como o pseudocódigo, a programación e a pilotaxe de drons aéreos e terrestres. A maiores, tal e como recalcou Gómez, incidirase na importancia de reivindicar o papel da muller na ciencia ao longo da historia.

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …