Iluminación amarela na glorieta de Freixeiro polo Día Europeo contra a Endometriose.

O Concello de Narón  iluminará de cor amarela a glorieta de Freixeiro este  martes 14 de marzo, con motivo do Día Europeo contra a Endometriose.

O Consistorio súmase con esta iniciativa á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose de dar visibilidade a esta doenza que, segundo indican, afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil.

A asociación querENDO constituíuse no ano 2015 e ten entre os seus obxectivos contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das mulleres afectadas por endometriose e as súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza, tal e como aseguran. Dende o colectivo inciden na importancia de diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns para evitar afectacións profundas na saúde e calidade de vida das mulleres.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …