O Concello de Narón creará pictogramas persoalizados para o sector comercial

 
O Concello de Narón editará unha serie de pictogramas persoalizados destinados ao comercio local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que indicou que a iniciativa se impulsa co fin de “facilitar a interpretación e autonomía das persoas con autismo e outras diversidades que afecten á linguaxe”.
 
O edil naronés indicou que a iniciativa está aberta a todo o sector e que dende a Asociación de Comerciantes Narón anotarán aos establecementos asociados que se queiran adherir. O resto de comercios locais poderán anotarse enviando un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es indicando o nome do establecemento, nome e apelidos do propietario e un teléfono de contacto e indicando o seu interese en colocar un dos pictogramas.
 
David Pita recalcou que “continuamos avanzando dende o goberno local na mellora da accesibilidade e inclusión das persoas e colectivos na nosa sociedade e con ese fin apostamos por esta iniciativa, que en breve estará en marcha”. O edil animou aos propietarios dos establecementos comerciais da cidade a sumarse a esta proposta “sin custe algún e que representa un avance moi importante e necesario na nosa sociedade”.
 

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …

Un comentario

  1. Buena iniciativa. Inclusión, en mayúsculas!!!