Conferencia do programa municipal de Narón sobre Prevención da depresión e mellora da saúde mental

O Centro Cívico Social do Alto acollerá o venres, día 10, pola tarde, ás 19.30 horas, unha nova conferencia do ciclo “A saúde mental é cousa de todos e todas”.

A matrona e cofundadora do grupo de lactación BBTTA, Isaura González e a psicóloga especializada en saúde mental perinatal Pilar Carballeira falarán sobre “Saúde mental na maternidade/paternidade” no marco deste programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental.

Este mesmo mes programouse unha nova conferencia que terá lugar o día 25 ás 11.00 horas no Centro Cívico Social do Alto. Nesa ocasión, a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero falarán sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?. Desde o Concello lembrouse que se trata dunhas conferencias abertas á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade da sala, e animouse á veciñanza para asistir para “coñecer, da man de profesionais en diferentes áreas, unha serie de medidas que inflúen na nosa saúde mental e algunhas ferramentas coas que poder identificar e tratar de previr este tipo de enfermidades”.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …