Máis de 600 persoas participan en Narón na “Carreira e andaina pola Igualdade”

Un total de 605 persoas participarán este domingo, día 3 de marzo, na segunda edición da “Carreira e andaina pola Igualdade” organizada polo Concello de Narón con motivo do programa de actos conmemorativos do 8M, Día Internacional das Mulleres

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o éxito da iniciativa “a través da que queremos manifestar dun xeito diferente o noso compromiso e a nosa implicación, así como a de todos os participantes, de cara a avanzar neste longo camiño para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”.

Ferreiro indicou que, pechadas as inscricións na noite do pasado 1 de marzo, están anotadas 225 persoas para a carreira na categoría de adultos; 235 menores nas diferentes categorías das carreiras para o colectivo e 145 para a andaina (125 adultos e 20 menores).

A saída e a meta das diferentes probas será do pavillón polideportivo municipal da Gándara, zona pola que discurrirán os diferentes tramos desta convocatoria. A saída da carreira infantil será ás 10.00 horas e a da absoluta ás 11.00 horas, se ben os participantes na andaina partirán ás 11.05 horas.

As tres primeiras mulleres e homes que rematen o tramo das categorías absolutas recibirán un premio, así como a participante feminina de maior idade que remate a carreira. En canto ós nenos, todos eles recibirán unha medalla pola súa participación nesta “II Carreira e andaina pola Igualdade”.

Dende o Consistorio avanzouse ademais que pola zona na que se desenvolverá o evento haberá restricións para o tráfico rodado que estarán debidamente sinalizadas, solicitándose desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas pola medida, necesaria para garantir a seguridade.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …