Se convoca o XXXIII Concurso de Contos “Vila de Pontedeume”

O Concello de Pontedeume convoca o XXXIII Concurso de Contos “Vila de Pontedeume”, co obxectivo de promover a creación literaria en lingua galega entre a xuventude.

Poderán concorrer ó premio estudantes de 3º e 4º da E.S.O, bacharelato, ciclos de formación profesional básica e ciclos de formación de grao medio ou superior, cuxa idade non supere os 20 anos.

Os contos estarán en lingua galega e cada participante presenta unha única obra, cuxa extensión non será inferior a 6 páxinas nin superior a 8.

As obras presentaranse directamente ou ben poderán ser remitidas por correo certificado ó Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume. Tamén se poderán presentar a través de correo electrónico a correo@pontedeume.gal. Nas bases do concurso recóllense as indicacións para entregar a documentación, así como os datos a incluír e outros detalles.

As obras poderán presentarse ata o vindeiro 20 de abril de 2023. O xurado escollerá entre todas as obras presentadas, o conto gañador, que recibirá un premio de 600 euros. O premio entregarase o día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2023.

Lea también

Pontedeume comienza las obras de construcción del nuevo aparcamiento de Ombre

El alcalde Bernardo Fernández Piñeiro señala que estas vendrán seguidas de actuaciones semejantes en las …