O BNG de Narón alerta que os cursos que oferta o Concello de prevención de riscos, non valen para entrar en Navantia

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa que o Concello abriu o luns prazo para a inscrición dun curso de Prevención de Riscos laborais e medio ambiente no sector naval para 20 persoas de 31 horas, polo que advirte «que ten que ser de 60 horas para que sexa válido para entrar no asteleiro público Navantia»

O BNG de Narón denuncia «o descoñecemento de TeGa na oferta de cursos para o sector naval que ofrece o concello e que non son válidos para traballar no asteleiro público de Navantia»

“Desde o BNG pedimos que se solucione para que as persoas que accedan ó curso poidan acceder laboralmente ó asteleiro público da nosa comarca, preocúpanos moito que unhas persoas que levan gobernando demasiado tempo non se preocuparan desta circunstancia” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón

“Parécenos moi alarmante este descoñecemento e é un exemplo máis do desleixo da corporación naronesa” incide Ledo.

Se adxunta o audio de Olaia Ledo

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …