Narón acolle un curso de Xestión de residuos urbanos e industriais

 
O Concello de Narón colabora coa Deputación da Coruña na convocatoria dun curso de Xestión de residuos urbanos e industriais, con certificado de profesionalidade nivel 2
 
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que esta acción formativa se comezará a impartir en marzo no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e indicou que as persoas empadroadas en Narón interesadas en anotarse ou recibir máis información, hai quince prazas, poden contactar co Concello, a través do teléfono 981 337 700 (extensión 1123) ou no propio entrechán, na oficina da Axente de Desenvolvemento Local
 
As persoas doutros concellos que desexen inscribirse deberán contactar cos seus respectivos servizos de emprego. O itinerario formativo enmárcase nos proxectos PEL da Deputación da Coruña, destinado a persoas en situación de desemprego e empadroadas en municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes
 
A maiores do certificado de profesionalidade nivel 2 (220 horas), inclúe formación complementaria diversa e un total de 210 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas. O curso inclúe a entrega dunha axuda económica ó final do itinerario a aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no proxecto
 
O alumnado que o remate poderá desempeñar o seu traballo en comunidades autónomas, concellos mancomunidades de pequenos municipios, empresas xestoras de residuos, estacións de transferencia de residuos, instalacións de recuperación e tratamento dos mesmos, vertedoiros e incineradoras, plantas de tratamento químico, vertedoiros de residuos perigosos e recollida e transporte de residuos.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …