A Escola Galega de Consumo ofrece unha charla sobre “Os servizos de telefonía e internet”

A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Os servizos de telefonía e internet”.

Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os nosos dereitos e respostarase ás preguntas que se formulen, segundo avanzaron dende a organización. A charla dará comezo este venres 24 de febreiro ás 12.30 horas.

As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …