O Teatro Jofre acollerá o ciclo de cine para escolares ‘En galego de película’

O Concello de Ferrol, en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística (CENL), vai celebrar nos próximos días o tradicional ciclo de cine ‘En galego de película’ dirixido ao alumnado e Ferrol e centros da comarca pertencentes á CENL. Son dúas as películas que se ofertan para os diferentes niveis do ensino non universitario.

As proxeccións, no Teatro Jofre, para o ciclo secundario, bacharelato e ciclos formativos, terán lugar o martes 28 de febreiro e para educación infantil e educación primaria serán o mércores 1 de marzo. No primeiro caso visualizarase a película ‘Cuñados’ e no segundo ‘Valentina’.

Lea también

Tres coros e unha rondalla celebran con Chorima o seu V aniversario no Auditorio municipal de Narón

A cita é este venres, 30 de outubro, ás 18:30 horas, co Concello de Narón …