O Pazo da Cultura de Narón acolle esta «finde» a obra «Adictos»

 
O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana dúas funcións da obra de teatro contemporáneo “Adictos”, da compañía Pentación, coa dirección de Magüi Mira e cun elenco de actrices formado por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich.
 
“Adictos” aborda unha problemática que afecta á sociedade en xeral analizando hasta qué punto nos atopamos sometidos á tecnoloxía, qué tipo de sociedade construímos e qué panorama nos expón o futuro máis próximo.
 
Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas.
 
Os autores, Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez, reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara a un horizonte no que poidamos gozar dunha vida tecnolóxicamente sa e socialmente libre.
 
A primeira das funcións que terán lugar no Pazo de Cultura naronés será este venres día 24 ás 20.30 horas e a segunda función o sábado día 25 ás 20.00 horas.
 
As entradas teñen un prezo de 18,00 euros para o público xeral e de 12,60 euros para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
 
As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web: padroadodecultura@naron.es

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …