O BNG de Ferrol conmemora o Día de Rosalía «ante o esquecemento do goberno local»

O BNG no seu acto no Día de Rosalía no 2022 | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol conmemorará mañá, 23 de febreiro, o Día de Rosalía cun acto na praza de Rosalía, no barrio de San Xoán, ás 12 horas coa que pretende honrar á memoria da poeta e lamenta que, «un ano máis, o goberno local se esqueza de conmemorar esta efeméride.«

María López, concelleira o BNG en Ferrol, sinala que «tristemente o goberno local volve a deixar pasar esta data e sen programar ningunha actividade no propio día de Rosalía. Esquecendo os acordos plenarios aprobados por unanimidade da corporación co obxectivo de resaltar esta data e celebarar actos ao redor da figura de Rosalía de Castro

A concelleira considera que «non é de recibo esta forma de proceder do goberno municipal caracterizada pola rutina e por pensar que este día pode conmemorarse só cunha ofrenda floral sen presencia institucional nin de público ao contrario dos actos que sen rubor organiza o alcalde para aquelas cousas que si que lle interesan

María López lamenta profundamente que o goberno municipal deixe a Ferrol «á marxe destas actividades tan diversas, onde se implica a cidadanía para dar a coñecer, valorar e fomentar a nosa gran poetisa coa súa obra e o seu pensamento que segue tan vixente nos nosos días.«

Lea también

Agenda del martes, día 3, en la zona norte

Quedan 332 días para finalizar el año. Este año el mes de febrero es bisiesto. …