A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que o vindeiro martes, día 14, o auditorio municipal de Narón acollerá ás 17.00 horas unha charla informativa sobre o acceso á educación infantil nos centros de ensino.
A edil naronesa explicou que se trata dunha convocatoria dirixida a familias que escolarizan por primeiro ano ós seus fillos en centros públicos de Infantil. Persoal dos equipos directivos de todos os centros de ensino públicos de Narón acudirá á convocatoria para informar ás familias sobre os prazos de matrícula, servizos que ofrecen os distintos centros e os proxectos curriculares.
As familias terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren oportunas sobre o procedemento, tal e como asegurou Taibo. Así mesmo, tamén se entregará ós asistentes á charla un folleto informativo sobre a páxina web municipal: buscoactividade.naron.es, donde se informa da oferta educativa da cidade